Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Páxina 2A. Identificación de persoas físicas

Apartado a encher exclusivamente por persoas físicas, xa sexan españois ou estranxeiros, residentes ou non en España.

Este apartado A) só se cubrirá ao presentar a declaración de alta ou unha declaración de modificación dos datos identificativos (por exemplo, a persoa física que tiña un NIE e pasa a ter DNI ou alguén que modifica o seu nome ou apelidos) ou do domicilio fiscal ou de xestión administrativa ou do domicilio para os efectos de notificacións ou dos datos de teléfonos e enderezos electrónicos.

Se non se trata da declaración inicial de alta, deberá marcarse, segundo proceda, o recadro que corresponda da 122 á 125 e a 142.

  1. Residente fiscal en España
  2. Identificación
  3. Código identificación fiscal do Estado de residencia - NIF-IVE (NVAT)
  4. Emprendedor de responsabilidade limitada
  5. Datos de teléfonos e enderezos electrónicos para recibir avisos da AEAT
  6. Domicilio fiscal en España
  7. Domicilio fiscal no estado de residencia (non residentes)
  8. Domicilio para os efectos de notificacións (se é distinto do domicilio fiscal)
  9. Domicilio de xestión administrativa
  10. Establecementos permanentes