Tipo de representación
Indicarase no recadro 333 ou 383 se a representación é de tipo individual, mancomunada ou solidaria de acordo coas seguintes claves:
Clave |
TIPO DE REPRESENTACIÓN |
---|---|
08 |
Individual |
09 |
Mancomunada |
10 |
Solidaria |
- Administrador individual: cando a representación está concedida a unha soa persoa.
- Administradores mancomunados: O administrador mancomunado non dispón da administración social sen a vontade do outro coadministrador. É dicir, ambos os dous actúan conxuntamente, non podendo vincular á sociedade se actúan de forma separada. Sen prexuízo de que, con efectos meramente internos, os estatutos sociais poden asignar funcións a desenvolver por cada un deles . O poder de representación corresponde a ambos os dous. Estes deben exercero conxuntamente, é dicir, non só de común acordo senón que os dous deben facer a manifestación de vontade en nome da sociedade, xa sexa en unidade de acto ou de forma sucesiva.
- Administradores solidarios: os administradores solidarios actúan individualmente, aínda que os estatutos ou os acordos da xunta poden distribuír as facultades, distribución que ten unicamente alcance interno. O poder de representación corresponde a cada administrador individualmente considerado.