Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Recadro 506. Inicio sector diferenciado, entregas posteriores a adquisicións

Comunicación de inicio de nova actividade que constitúa sector diferenciado con comezo de entregas de bens ou prestacións servizos posterior a adquisición de bens ou servizos destinados ao desenvolvemento da mesma.

Recadro 506

  • Inicio sector diferenciada adquisición de bens ou servizos
  • Entrega de bens e prestación de servizos  posteriores

Presentarase polos empresarios ou profesionais que, tendo xa a condición de empresario ou profesional por vir realizando actividades de tal natureza, inicien unha nova actividade empresarial ou profesional que constitúa un sector diferenciado respecto das actividades que viñan desenvolvendo con anterioridade e realicen actos preparatorios ao inicio das súas operacións nesoutro outro sector de actividade diferenciada. (Véxase no apartado “Deducións” deste mesmo capítulo o indicado respecto do porcentaxe provisional de dedución, para os efectos do artigo 111.dous da Lei do IVE)

Pola contra, se a actividade que vai comezar pertence a un sector non diferenciado da actividade que viña exercendo, non terá que presentar esta declaración.