Pagamentos fraccionados IRPF actividades económicas propias (recadro 600)
Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas que exerzan actividades económicas estarán obrigados a autoliquidar e ingresar no Tesouro, en concepto de pagamento a conta , a cantidade que resulte do establecido regulamentariamente, sen prexuízo das excepcións seguintes:
- Os contribuíntes que desenvolvan actividades profesionais non estarán obrigados a efectuar pagamento fraccionado en relación coas mesmas se, no ano natural anterior, polo menos o 70 por cento dos ingresos da actividade foron obxecto de retención ou ingreso a conta.
- Os contribuíntes que desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras non estarán obrigados a efectuar pagamento fraccionado en relación coas mesmas se, no ano natural anterior, polo menos o 70 por cento dos ingresos procedentes da explotación, con excepción das subvencións correntes e de capital e das indemnizacións, foron obxecto de retención ou ingreso a conta.
- Os contribuíntes que desenvolvan actividades forestais non estarán obrigados a efectuar pagamento fraccionado en relación coas mesmas se, no ano natural anterior, polo menos o 70 por cento dos ingresos procedentes da actividade, con excepción das subvencións correntes e de capital e das indemnizacións, foron obxecto de retención ou ingreso a conta.
En caso de inicio da actividade tera en contase a porcentaxe de ingresos que fosen obxecto de retención ou ingreso a conta durante o período a que se refire o pagamento fraccionado.
Cando do disposto regulamentariamente para o cálculo do importe do fraccionamento, non resulten cantidades a ingresar, os contribuíntes presentarán unha declaración negativa.