Pagamentos fraccionados IRPF por ser membro de EAR (recadro 601)
O pagamento fraccionado correspondente ás entidades en réxime de atribución de rendas, que exerzan actividades económicas, efectuarase por cada un dos socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes, aos que proceda atribuír rendas desta natureza, en proporción á súa participación no beneficio da entidade.
Os citados socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes deben presentar unha declaración censual para comunicar esta obriga, marcando o recadro 601 “Alta”.