Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Renuncia ao réxime fiscal especial

A renuncia ao réxime fiscal especial realízase cubrindo os recadros 652 e 654 do modelo 036.

A renuncia produce efectos a partir do período impositivo que se inicie con posterioridade á súa presentación e debe efectuarse con polo menos un mes de antelación ao inicio do devandito período.

Respecto dos impostos que non teñen período impositivo, a renuncia aplícase aos feitos impoñibles producidos a partir do inicio do período impositivo mencionado no parágrafo anterior.

A aplicación das exencións previstas para os efectos dos tributos locais queda condicionada a que as entidades sen fins lucrativos comuniquen ao concello correspondente o exercicio da opción.

En relación coa exención no Imposto sobre Bens Inmobles e no Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, a comunicación debe dirixirse ao concello competente por razón da localización do ben inmoble de que se trate.

En relación coa exención no Imposto sobre Actividades Económicas, a comunicación enténdese realizada coa presentación da declaración censual.