Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Renuncias e revogacións

Estimación directa simplificada do IRPF :

A modalidade simplificada do método de estimación directa do IRPF será aplicable para a determinación do rendemento neto das actividades económicas desenvolvidas polas entidades en atribución de rendas, sempre que todos os seus socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes sexan persoas físicas contribuíntes por este Imposto e a entidade cumpra os requisitos regulamentarios.

A aplicación desta modalidade deberá efectuarse con independencia das circunstancias que concorran individualmente nos socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes.

Non obstante, para a definición do ámbito de aplicación deberán computarse non só as operacións correspondentes ás actividades económicas desenvolvidas pola propia entidade en réxime de atribución, senón tamén as correspondentes ás desenvolvidas polos seus socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes, o cónxuxes, descendentes e ascendentes destes , así como por outras entidades en réxime de atribución de rendas en que participen calquera das persoas anteriores, en que concorran as circunstancias sinaladas no artigo 32.2.a) do Regulamento do IRPF (Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, BOE do 31).

A renuncia a esta modalidade realizarase mediante a presentación pola entidade dun modelo de declaración censual, marcando con “X” o recadro 821 da páxina 8 e facendo constar a sinatura de todos e cada un dos socios, membros ou partícipes no espazo reservado para ese fin.

A revogación da renuncia (recadro 822 da páxina 8) a esta modalidade comunicarase pola entidade mediante a presentación da correspondente declaración censual de modificación, aínda que, neste caso, non cumprirá que a folla de relación de socios, membros, ou partícipes sexa asinada por todos, sendo suficiente que a declaración sexa subscrita por calquera deles .

Estimación obxectiva do IRPF:

O método de estimación obxectiva no IRPF será aplicable para a determinación do rendemento neto das actividades económicas desenvolvidas polas entidades en atribución de rendas, sempre que todos os seus socios, membros ou partícipes sexan persoas físicas contribuíntes por este Imposto.

A aplicación deste método de estimación obxectiva deberá efectuarse con independencia das circunstancias que concorran individualmente nos socios, membros ou partícipes.

A renuncia ao método realizarase mediante a presentación pola entidade dun modelo de declaración censual, marcando con “X” o recadro 819 da páxina 8 e facendo constar a sinatura de todos e cada un dos socios, membros ou partícipes no espazo reservado para ese fin.

A revogación da renuncia (recadro 820 da páxina 8) a esta modalidade comunicarase pola entidade mediante a presentación da correspondente declaración censual de modificación, aínda que, neste caso, non cumprirá que a folla de relación de socios, membros, ou partícipes sexa asinado por todos, sendo suficiente que a declaración sexa subscrita por calquera deles .

Réxime simplificado do IVE

Tributarán polo réxime simplificado os suxeitos pasivos do Imposto que sexan (ademais das persoas físicas) entidades en réxime de atribución de rendas no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, sempre que, neste último caso, todos os seus socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes sexan persoas físicas. E que realicen calquera das actividades económicas descritas no artigo 37 do Regulamento do IVE, sempre que, en relación con tales actividades, non superen os límites que determine para elas o ministro de Economía e Facenda.

A aplicación do réxime especial simplificado ás entidades a que se refire o parágrafo anterior efectuarase con independencia das circunstancias que concorran individualmente nas persoas que as integren.

A renuncia a esta modalidade realizarase mediante a presentación pola entidade dun modelo de declaración censual, marcando con “X” o recadro 823 da páxina 8 e facendo constar a sinatura de todos e cada un dos socios, membros ou partícipes no espazo reservado para ese fin.

A revogación da renuncia (recadro 824 da páxina 8) a esta modalidade comunicarase pola entidade mediante a presentación da correspondente declaración censual de modificación, aínda que, neste caso, non cumprirá que a folla de relación de socios, membros ou partícipes sexa asinado por todos, sendo suficiente que a declaración sexa subscrita por calquera deles .

Réxime especial da agricultura, gandaría e pesca do IVE :

O réxime especial da agricultura, gandaría e pesca será de aplicación aos titulares de explotacións agrícolas, forestais, gandeiras ou pesqueiras en quen concorran os requisitos sinalados na Lei do Imposto sobre o Valor Engadido e no seu Regulamento, sempre que non renunciasen.

A renuncia ao réxime especial da agricultura, gandaría e pesca polas entidades en réxime de atribución de rendas no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas realizarase mediante a presentación pola entidade dun modelo de declaración censual, marcando con “X” o recadro 825 da páxina 8 e facendo constar a sinatura de todos e cada un dos socios, membros ou partícipes no espazo reservado para ese fin.

A revogación da renuncia (recadro 826 da páxina 8) a esta modalidade comunicarase pola entidade mediante a presentación da correspondente declaración censual de modificación, aínda que, neste caso, non cumprirá que a folla de relación de socios, membros ou partícipes sexa asinada por todos, sendo suficiente que a declaración sexa subscrita por calquera deles .