Presentación
Seguindo o costume tradicional da Axencia Tributaria, que publica anualmente manuais prácticos para axudar ao cumprimento das obrigas tributarias derivadas dos impostos que xestiona e doutros aspectos que poden facero necesario, publícase esta guía de axuda para a formalización das declaracións censuais que deben presentar os obrigados tributarios incluídos no censo de empresarios, profesionais e retenedores.
Os modelos de declaración censual, vistos no seu conxunto, encerran unha gran complexidade, pois deben prever todos e cada un dos motivos polos que un empresario ou profesional ten que actualizar os datos das súas actividades económicas que figuran nos censos tributarios.
Esa variada e voluminosa información que, eventualmente, pode recollerse nunha declaración censual, aínda que na práctica só cumpra, en cada momento, encher algún ou algúns dos seus apartados, fai moi necesaria e conveniente a publicación desta guía, onde non só se orienta ao declarante no sentido indicado, é dicir, a que páxina e apartado ten que ir segundo o que quere declarar, senón que se ofrecen tamén detalladas explicacións de todos e cada unha dos recadros da declaración.
Polos motivos indicados, a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a través do seu Departamento de Xestión Tributaria, elaborou esta guía, e confía que lle sexa de utilidade cando teña que presentar unha declaración censual (modelo 036), xa sexa de alta, modificación ou baixa.
Nas primeiras páxinas da guía poderá encontrar información de carácter xeral en que se detalla quen están obrigados a presentar a declaración censual e en que supostos, lugar, e prazo, así como a documentación que se precisa anexar segundo a causa de presentación. De seguido, a guía percorre as sucesivas páxinas do modelo 036, indicando en que casos deberán ser cumprimentadas e que apartados, segundo quen sexa o obrigado tributario e segundo cal sexa a causa de presentación da declaración, desenvolvendo o contido de cada unha.
Se desexa máis información acerca da declaración censual, pode chamar ao número 901 33 55 33, onde ten á súa disposición o servizo telefónico de información tributaria básica da Axencia Tributaria. Así mesmo, pode acceder á Sede Electrónica da AEAT.
Departamento de Xestión Tributaria