Custo de solicitar un procedemento amigable
Con carácter xeral, a solicitude dun procedemento amigable non supón ningún custo para o contribuínte máis alá dos custos en que el mesmo incorra para a presentación da solicitude de inicio ou para atender os requirimentos de información e documentación que poida solicitarlle as autoridades competentes.
Non obstante, debe terse en conta que se o procedemento amigable se tramita en virtude do mecanismo establecido na Directiva 2017/1852 e o obrigado tributario:
-
desiste do procedemento amigable, ou
-
solicita a constitución dunha comisión consultiva para determinar se o inicio debe admitirse e esta decide que as autoridades competentes de que se trate denegaron correctamente o inicio,
as autoridades competentes dos Estados membros afectados poden acordar que o obrigado tributario corra cos gastos e honorarios das persoas independentes que formen parte da comisión consultiva.