Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Exemplo 6. Contribuínte cun fillo con discapacidade residente na Comunidade Autónoma de La Rioja

Dona M.M.A., de 31 anos de idade e residencia en Logroño adoptou con data 5 de maio de 2019, mediante resolución xudicial que foi inscrita no Rexistro Civil en novembro dese ano, a un menor de 5 anos de idade cun grao de discapacidade do 40 por 100 que convive con ela e que non obtivo rendas, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros anuais nin presentou declaración do IRPF

Determinar o importe do mínimo persoal e familiar en tributación conxunta para os efectos do cálculo do gravame estatal e do gravame autonómico.

Solución:

Nota previa: A Comunidade Autónoma de La Rioja exerceu competencias normativas na regulación das contías do mínimo persoal e familiar, incrementando nun 10 por 100 o importe do mínimo por discapacidade de descendentes.

Tributación conxunta da unidade familiar (1):

Total mínimo persoal e familiar 13.750 Total mínimo persoal e familiar 14.050
Mínimo estatalMínimo autonómico
Mínimo do contribuínte 5.550 Mínimo do contribuínte 5.550
Mínimo por descendentes Fillo 2.400 Mínimo por descendentes Fillo 2.400
Por menor 3 anos(2) 2.800 Por menor 3 anos(2) 2.800
Mínimo por discapacidade Fillo
3.000 Mínimo por discapacidade Fillo(3) 3.300

Notas ao exemplo:

(1) O mínimo do contribuínte do artigo 57 da Lei do IRPF é, en todo caso, de 5.550 euros anuais con independencia do número de membros integrados na unidade familiar. Non obstante, na tributación conxunta da unidade familiar pode reducirse a base impoñible en 2.150 euros anuais, ao tratarse da segunda das modalidades de unidade familiar a que se refire o artigo 82 da Lei do IRPF, con carácter previo ás reducións legalmente establecidas. Véxase, a respecto disto, o Capítulo 13 anterior en que se comentan as reducións da base impoñible xeral e do aforro . (Volver)

(2) Aplícase o aumento de mínimo por descendentes menores de 3 anos, de acordo co que se establece no artigo 58.2 da Lei do IRPF que sinala que "os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente, o devandito aumento producirase, con independencia da idade do menor, no período impositivo en que se inscriba no Rexistro Civil e nos dous seguintes. Cando a inscrición non sexa necesaria, o aumento poderase practicar no período impositivo en que se produza a resolución xudicial ou administrativa correspondente e nos dous seguintes". (Volver familiar) (Volver  anos)

(3) Na determinación do mínimo por discapacidade do descendente aplicouse o importe aprobado pola Comunidade Autónoma de La Rioja que modifica o importe correspondente ao mínimo por discapacidade de descendentes. (Volver)