Por alugamento de vivenda habitual
Normativa: Art. 15 do Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola comunidade autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril.
Contía e límite máximo da dedución
O 20 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da vivenda habitual, cun máximo de 600 euros anuais.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, recadros [0435] e [0460]da declaración correspondente ao exercicio en que se orixina o dereito á dedución, non sexa superior a :
- 20.000 euros anuais en tributación individual.
- 30.000 euros anuais en tributación conxunta.
-
Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 por 100 da base impoñible xeral obtida no período impositivo descontado, se o houber, o importe das subvencións que por este concepto percibise o arrendatario.
-
O concepto de vivenda habitual será o contido na Lei do IRPF.
-
A aplicación da dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do NIF arrendador, da identificación catastral da vivenda habitual e do canon arrendaticio anual.
Importante: os contribuíntes con dereito á dedución deberán facer constar a referencia catastral da vivenda e, se existe, o da segunda vivenda arrendada, ou, se é o caso, se non ten referencia catastral, marcarase unha "X" nos recadros correspondentes. Así mesmo, deben cubrir o apartado "Información adicional á dedución autonómica por arrendamento" do Anexo B.6 da declaración.