Rendementos do traballo derivados das prestacións obtidas en forma de renda polas persoas con discapacidade correspondente ás achegas aos sistemas de previsión social e achegas a patrimonios protexidos
Normativa: Art. 7.w) Lei IRPF
Están exentos os rendementos do traballo derivado das prestacións obtidas en forma de renda polas persoas con discapacidade correspondente ás achegas aos sistemas de previsión social ás que se refire o artigo 53 da Lei do IRPF, ata un importe máximo anual de tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (para o ano 2019 a devandita contía é o resultado de 7.519,59 x 3 = 22.558,77 euros).
Igualmente están exentos, co mesmo límite que o sinalado no parágrafo anterior, os rendementos do traballo derivado das achegas a patrimonios protexidos a que se refire a disposición adicional décimo oitava desta Lei.