Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Exemplo: Rendementos obtidos pola participación en fondos propios de calquera entidade

Don L.H.L. percibiu no exercicio 2019 os seguintes rendementos pola súa condición de accionista de determinadas sociedades que cotizan en bolsa.

  • Da sociedade “Alfa, SA", percibiu as seguintes cantidades:

    • Dividendos:

      Importe íntegro: 1.020

    • Primas de asistencia a xuntas:

      Importe íntegro: 300

    • Accións liberadas procedentes dunha ampliación de capital:

      Valor de mercado: 3.005

  • O día 10 de febreiro de 2019, constituíu un usufruto temporal a 10 anos a favor da entidade "Beta, SA" sobre un paquete de accións da sociedade  "Gamma, SA" por un importe total de 21.000 euros, que percibirá de maneira fraccionada a razón de 2.100 euros o día 13 de febreiro de cada un dos respectivos anos de duración do usufruto.

Polo servizo de administración e depósito das accións, a entidade de crédito cargoulle 31 euros. Determinar o importe dos rendementos netos computables e as retencións soportadas.

Solución:

  • Sociedade "Alfa SA":

    • Importe dividendos: 1.020
    • Importe primo de asistencia a xuntas: 300
    • Accións liberadas (1): ----
    • Retención soportada (2): 250,80
  • Constitución usufruto:

    • Rendemento computable: 2.100
    • Retención soportada (19% s/2.100): 399
  • Totais ingresos íntegros (1.020 + 300 + 2.100): 3.420

  • Gastos deducibles: 31
  • Rendemento neto a integrar na base impoñible do aforro: 3.389

Notas ao exemplo:

(1) A recepción de accións totalmente liberadas non constitúe rendemento do capital mobiliario. O tratamento fiscal aplicable á recepción de  accións totalmente liberadas (de valores admitidos a negociación) coméntase no Capítulo 11 do presente Manual.(Volver)

(2) O tipo de retención aplicable aos rendementos  derivados da participación  en fondos propios de entidades para o exercicio 2019 é o 19 por 100.

En consecuencia, as retencións soportadas foron as seguintes:

  • Dividendo (19% s/1.020) = 193,80
  • Prima asistencia a xuntas (19% s/300) = 57
  • Importe das retencións: 193,80  + 57 = 250,80 (Volver)