Outros gastos fiscalmente deducibles (agás provisións)
Ademais dos comentados, tamén poderán deducirse dentro deste concepto os demais gastos que, tendo o carácter de fiscalmente deducibles, non figuren expresamente recollidos nas anteriores rúbricas. A título de exemplo, poden citarse, entre outros, os seguintes, sempre que exista unha axeitada correlación cos ingresos da actividade.
- Adquisición de libros, subscrición a revistas profesionais e adquisición de instrumentos non amortizables, sempre que teñan relación directa coa actividade.
- Gastos de asistencia a cursos, conferencias, congresos, etc., relacionados coa actividade.
- Determinadas cotas satisfeitas polo empresario ou profesional a corporacións, cámaras e asociacións empresariais legalmente constituídas.