Ámbito temporal de aplicación dos incentivos fiscais cando a empresa de reducida dimensión supere os 10 millóns de euros de cifra de negocios
As empresas de reducida dimensión que nun período impositivo acaden ou superen a cifra de negocios de 10 millóns de euros poderán, non obstante, seguir aplicando os incentivos fiscais do seu réxime fiscal especial durante os tres períodos impositivos inmediatos e seguintes a aquel, sempre que cumprisen as condicións para ser consideradas como de reducida dimensión tanto naquel período (en que alcance ou supere o límite dos 10 millóns) como nos dous períodos impositivos anteriores a este último.
Esta medida tamén se aplica ao suposto en que o devandito límite se sobrepase a resultas dunha reestruturación empresarial acollida ao réxime fiscal establecido no capítulo VII do título VII da LIS, sempre que as entidades intervenientes que realizasen tal operación cumpran as condicións para ser consideradas como de reducida dimensión tanto no período impositivo en que se realice a operación como nos dous períodos impositivos anteriores a este último.