Módulo "Mesas"
Nos bares e cafeterías, así como nos restaurantes, a unidade “mesa” entenderase referida á susceptible de ser ocupada por catro persoas. As mesas de capacidade superior ou inferior aumentarán ou reducirán a contía do módulo na proporción correspondente.
Mesas que se utilizan soamente durante determinados períodos do ano . O número de unidades do módulo "mesas" determinarase en proporción á duración do período, compu- tado en días, durante o que se utilizasen as mesas ao longo do ano.
Taboleiros que se utilizan ocasionalmente como mesas. Computarase unha unidade do módulo "mesas" por cada catro persoas susceptibles de ocupar os taboleiros. Unha vez determinado de acordo con este criterio o número de unidades, este ratearase en función do período, computado en días, de utilización dos taboleiros durante o ano.
Barras adaptadas para servir comidas. Estas barras non se computarán para os efectos de determinar o número de unidades do módulo "mesas".