2. Disposición de dereitos consolidados
A disposición dos dereitos consolidados en supostos distintos dos previstos para os plans de pensións no artigo 8.8 da súa norma reguladora (desemprego de longa duración ou de enfermidade grave), determinará a obriga para o contribuínte de repor na base impoñible as reducións indebidamente realizadas, coa práctica das autoliquidacións complementarias, que incluirán os xuros de mora.
As cantidades percibidas que excedan do importe das achegas realizadas, incluíndo, se é o caso, as contribucións imputadas polo promotor, tributarán como rendemento do traballo no período impositivo en que se perciban.