Resultado da declaración
Dedución por maternidade
O artigo 64 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023 (BOE do 24 de decembro) modificou a Lei do IRPF para ampliar os beneficiarios da dedución por maternidade a todas aquelas mulleres con fillos menores de tres anos que no momento do nacemento do menor perciban prestacións contributivas ou asistenciais do sistema de protección de desemprego, ou ben no devandito momento ou en calquera momento posterior estean dadas de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade cun período mínimo, neste último caso, de 30 días cotizados.
Elimínase o requisito de exercer unha actividade por conta propia ou allea pola que estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social para ter dereito á mesma e a limitación do importe da dedución ás cotizacións reportadas no período impositivo.