Mínimo por discapacidade
O mínimo por discapacidade é a suma do mínimo por discapacidade do contribuínte e do mínimo por discapacidade de ascendentes e descendentes:
-
O mínimo por discapacidade do contribuínte é de 3.000 € anuais e de 9.000 € anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
O devandito mínimo aumentarase, en concepto de gastos de asistencia, en 3.000 € cando se acredite necesitar axuda de terceiras persoas, mobilidade reducida ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
O mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes será de 3.000 € anuais e de 9.000 € cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
O devandito mínimo aumentarase, en concepto de gastos de asistencia, en 3.000 € por cada ascendente ou descendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Grado de discapacidade |
Discapacidade do contribuínte, ascendente ou descendente | Gastos de asistencia |
Contía total |
---|---|---|---|
Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 % |
3.000 € |
3.000 € |
|
Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida |
3.000 € |
3.000 € |
6.000 € |
Igual ou superior ao 65 % |
9.000 € |
3.000 € |
12.000 € |
Condicións para a aplicación do mínimo por discapacidade
-
A determinación das circunstancias persoais e familiares que deben terse en conta para a aplicación do mínimo por discapacidade realizarase atendendo á situación existente á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro ou na data de falecemento do contribuínte se este falece nun día distinto do 31 de decembro).
Sen prexuízo do anterior, o mínimo por discapacidade será aplicable nos casos en que o descendente falecese durante o período impositivo.
-
A aplicación do mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes está condicionada a que cada un deles xere dereito á aplicación do respectivo mínimo, é dicir, mínimo por ascendentes ou mínimo por descendentes.
En ambos os dous casos, considerarase que conviven co contribuínte os que dependendo do mesmo estean internados en centros especializados.
-
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación do mínimo por discapacidade respecto dos mesmos ascendentes ou descendentes, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente ou descendente, a aplicación do mínimo corresponderá aos de grao máis próximo, non sendo que estes non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.
-
Non procederá a aplicación do mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes cando estes presenten declaración polo IRPF con rendas superiores a 1.800 euros.