Por familia numerosa
(Art. 2 e 13 Lei 8/2013, do 21 de novembro, da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, de Medidas Tributarias)
Contías da dedución
-
En xeral:
-
200 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.
-
400 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.
-
-
Cando algún do cónxuxes ou descendentes, aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do IRPF, teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e xeren o dereito á aplicación do mínimo por discapacidade, a dedución será:
-
300 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.
-
900 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.
-
Requisitos e outras condicións
-
O contribuínte debe ter recoñecida a condición de familia numerosa, de conformidade co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).
-
Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro, recadros [0435] e [0460] do contribuínte non supere :
-
27.000 euros en tributación individual.
-
36.000 euros en tributación conxunta.
-
-
Para a aplicación desta dedución teran en contase as normas para a aplicación do mínimo por descendentes, e discapacidade contida na Lei do IRPF.
Non obstante, cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos descendentes e algún deles non cumpra o requisito anterior (isto é, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro, sexa superior a 27.000 euros en tributación individual ou a 36.000 euros en tributación conxunta), o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes.
Incompatibilidade
Esta dedución é incompatible coa dedución “Por arrendamento de vivenda habitual por familias numerosas”.