Saltar ao contido principal
Manual práctico IVE 2023.

Procedemento de regularización

A regularización das deducións por bens de investimento realízase da seguinte forma:

  1. Pártese da dedución efectuada no ano de compra.

  2. Réstase a que correspondería o ano de regularización aplicando á cota soportada a porcentaxe definitiva deste ano.

  3. A diferenza positiva ou negativa divídese entre 5 (ou entre 10 se se trata de terreos ou edificacións) e o cociente que resulte é a contía do ingreso ou dedución complementaria a efectuar, respectivamente.

Os ingresos e deducións complementarias efectuaranse na última autoliquidación do exercicio.

Exemplo:

Unha empresa adquiriu unha máquina no ano “n-1” por 20.000 euros, máis 4.200 euros de IVE. A pro rata de “n-1” foi do 50 %.

Imos ver as distintas posibilidades que poden darse en función das operacións realizadas en “n”.

  1. Se a pro rata de “n” é do 67 %.

    Hai que regularizar, porque o porcentaxe de dedución aplicable o ano da repercusión (“n-1”) e o aplicable o ano da regularización difiren en máis de 10 puntos porcentuais: (50% - 67 %) = 17%

    • IVE deducible ano de compra (“n-1”): 4.200 x 50% = 2.100 euros
    • IVE deducible este ano (“n) ”: 4.200 x 67% = 2.814 euros
    • Total: (2.100 euros - 2.814 euros) = - 714 euros

    • A diferenza negativa divídese entre 5 e o cociente que resulte será a contía de dedución complementaria a efectuar: (-714 ÷ 5) = -142.8 euros

    Ten dereito a unha dedución complementaria de 142,8 euros que se reflectirán no recadro «Regularización bens de investimento» do modelo de declaración.

  2. A porcentaxe de pro rata de “n” é do 58 %.

    Ao diferir en menos de 10 puntos o porcentaxe de pro rata aplicable en “n” (58 %) do aplicable en “n-1” (50 %), non procede practicar regularización polos investimentos: (50% - 58 %) = 8%

  3. A porcentaxe de dedución de “n” é do 30 %.

    Procede regularizar as deducións practicadas por haber unha diferenza superior a 10 puntos nas porcentaxes: (50% - 30 %) = 20%

    • IVE deducible ano de compra (“n-1”): 4.200 x 50% = 2.100 euros
    • IVE deducible este ano (“n) ”: 4.200 x 30% = 1.260 euros
    • Total: (2.100 euros - 1.260 euros) = 840 euros

    • A diferenza positiva divídese entre 5 e o cociente que resulte será a contía do ingreso complementario a efectuar: (840 ÷ 5) = 168 euros

    Polo tanto, consignarase no recadro «Regularización bens de investimento» do modelo de declaración a cantidade de 168 euros precedidos do signo menos, é dicir, unha menor dedución que supón un ingreso complementario.