Contido da declaración informativa sobre pagamentos fronteirizos
No modelo 379, declararase a seguinte información respecto dos pagamentos transfronteirizos en que interveñan os provedores de servizos de pagamento:
-
O código BIC ou calquera outro código identificador da entidade que identifique inequivocamente o provedor de servizos de pagamento, así como o seu nome ou razón social e a función que desempeña en nome do beneficiario.
-
O nome ou razón social e nome ou nomes comerciais do beneficiario.
-
Se se dispón do mesmo, calquera número de identificación para os efectos do Imposto sobre o Valor Engadido, así como calquera outro número de identificación fiscal nacional do beneficiario.
-
O número IBAN ou, se non se dispón do mesmo, calquera outro medio identificativo que permita identificar inequivocamente e proporcione a situación do beneficiario, así como o país de situación do mesmo.
-
O código BIC ou calquera outro código identificador que identifique inequivocamente e proporcione a situación do provedor de servizos de pagamento que actúe en nome do beneficiario, cando este último reciba fondos sen dispor de conta de pagamento
-
Se se dispón, o enderezo ou enderezos do beneficiario.
-
A data e a hora do pagamento ou da devolución do pagamento.
-
O importe e a divisa do pagamento ou da devolución do pagamento, así como o método de pagamento.
-
O Estado membro de orixe do pagamento percibido polo beneficiario, o Estado membro de destino da devolución, e a información utilizada para determinar a orixe ou o destino do pagamento ou devolución do pagamento.
-
Calquera referencia que identifique inequivocamente o pagamento.
-
Se é o caso, o dato de que o pagamento se iniciou nos locais físicos do comerciante.