Cotas trimestrais
Os empresarios ou profesionais acollidos ao réxime simplificado teñen que presentar catro autoliquidacións de acordo co modelo determinado polo titular do Ministerio de Facenda.
Nos vinte primeiros días dos meses de abril, xullo e outubro, efectuará autoliquidacións ordinarias (modelo 303) en que realizará o ingreso a conta dunha parte da cota derivada do réxime simplificado, correspondentes ao primeiro, segundo e terceiro trimestre, respectivamente.
A autoliquidación final (modelo 303) en que se determina a cota derivada do réxime simplificado do exercicio preséntase durante os trinta primeiros días do mes de xaneiro do ano posterior.
O ingreso a conta resultará de aplicar unha porcentaxe sinalada na Orde de aprobación dos módulos do réxime simplificado, á cota reportada por operacións correntes.
Para o cálculo do ingreso correspondente a cada un dos tres primeiros trimestres, tomaranse os módulos e índices correctores referidos ao día 1 de xaneiro de cada ano. Se non puidesen determinarse nesa data tomaranse os do ano anterior ou os existentes á data do inicio da actividade, se é posterior ao 1 de xaneiro.
Os empresarios ou profesionais que realizan actividades en réxime simplificado presentarán o modelo 303 con independencia de que realicen simultaneamente outras actividades en Réxime xeral.