Información país por país
O artigo único, apartado tres, do Real decreto 1178/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica o Regulamento do Imposto sobre Sociedades, aprobado polo Real decreto 634/2015, do 10 de xullo, modifica o apartado 1 do artigo 13 do RIS, no seguinte sentido:
-
Na letra b) do artigo 13.1 do RIS establécese que as entidades residentes en territorio español dependentes, directa ou indirectamente, dunha entidade non residente en territorio español que non sexa ao mesmo tempo dependente doutra , así como os establecementos permanentes en territorio español de entidades non residentes do grupo deberán achegar a información país por país cando, entre outros supostos, existindo un acordo internacional no sentido da Directiva (UE ) 2016/881 do Consello do 25 de maio de 2016, que modifica a Directiva 2011/16/UE no que fai ao intercambio automático obrigatorio de información no ámbito da fiscalidade , co país ou territorio en que resida fiscalmente a referida entidade non residente, non exista un acordo de intercambio automático de información entre autoridades competentes, respecto da devandita información, co citado país ou territorio.
-
Engádese que a entidade residente en territorio español ou o establecemento permanente en territorio español obrigados a presentar a información país por país deberán solicitar á entidade non residente a información correspondente do grupo.