Presentación electrónica por Internet
A declaración do Imposto sobre o Patrimonio presentarase de forma obrigatoria por vía electrónica a través de Internet, de acordo co que se establece nos apartados a) e c) do artigo 2 da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións, declaracións informativas, declaracións censuais, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria, debendose ter en conta o seguinte:
-
As autoliquidacións do Imposto sobre o Patrimonio deberán confeccionarse desde o formulario web do modelo 714 ao que poderá acceder utilizando a opción "Servizo tramitación de declaración de Patrimonio", dispoñible na páxina web da Axencia Estatal de Administración Tributaria, no enderezo https://sede.agenciatributaria.gob.es.
-
A presentación electrónica por Internet pode realizarse utilizando os seguintes sistemas electrónicos de identificación, autenticación e sinatura:
-
Certificado electrónico recoñecido emitido de acordo co previsto no artigo 2. a).1.º da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro.
-
Sistema Cl@ve PIN de acordo co previsto no artigo 2. a).2.º da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro.(1)
-
Número de referencia: como en exercicios anteriores, poderán tamén presentarse electronicamente por Internet mediante a consignación do Número de Identificación Fiscal (NIF ) do obrigado tributario ou obrigados tributarios e do número ou números de referencia postos a disposición do contribuínte pola Axencia Estatal de Administración Tributaria para o IRPF.
-
(1) Véxase a Orde PRE/1838/2014, pola que se publica o Acordo de Consello de ministros, do 19 de setembro de 2014, polo que se aproba Cl@ve, a plataforma común do Sector Público Administrativo Estatal para a identificación, autenticación e sinatura electrónica mediante o uso de claves concertadas (BOE do 10). (Volver)