Regras de valoración para accións e participacións no capital social ou nos fondos propios de calquera outras entidades xurídicas non negociadas en mercados organizados, incluídas as participacións no capital social de Cooperativas
-
Participacións no capital social de Cooperativas
A valoración das participacións dos socios ou asociados no capital social das cooperativas determinarase en función do importe total das achegas sociais desembolsadas, obrigatorias ou voluntarias, resultante do último balance aprobado, con dedución, se é o caso, das perdas sociais non reintegradas.
-
Participacións no capital social doutras entidades
A valoración das citadas accións e participacións, efectuarase segundo o valor teórico resultante do último balance aprobado, sempre que este, ben de maneira obrigatoria ou voluntaria, fose sometido a revisión e verificación e o informe de auditoría resultará favorable.
No caso de que o balance non fose debidamente auditado ou o informe de auditoría non resultase favorable, a valoración realizarase polo maior valor dos tres seguintes:
- Valor nominal.
- Valor teórico resultante do último balance aprobado.(1)
- Valor resultante de capitalizar ao tipo do 20 por 100 o termo medio dos beneficios da entidade nos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data da devindicación do Imposto (31 de decembro). Dentro dos beneficios computaranse os dividendos distribuídos e as asignacións a reservas, excluídas as de regularización ou de actualización de balances.
Para o cálculo da devandita capitalización pode utilizarse a seguinte fórmula:
Valor = [(B1 + B2 + B3 ) ÷ 3] x (100 ÷ 20)
Onde: B1, B2 e B3 son os beneficios de cada un dos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data de devindicación do Imposto.
Para a correcta aplicación destas regras de valoración, as entidades están obrigadas a subministrar aos seus socios, asociados ou partícipes, certificados contendo as valoracións das súas respectivas accións e participacións.
(1) As Sentenzas do Tribunal Supremo do 12 de febreiro e 14 de febreiro de 2013, en atención a un criterio "favorable ao mellor achegamento á realidade económica da base impoñible do tributo ”interpretan que ten que tomarse como punto de referencia o balance aprobado dentro do prazo legal para a presentación da autoliquidación polo imposto, de xeito que “se nesta data está aprobado o exercicio que se liquida, aínda cando isto acontecese con posterioridade á data da devindicación, terá que ser porén o tido en conta ”.(Volver)