IVE reducido en compra, adaptación ou reparación de vehículos para persoas con discapacidade
Tributan ao 4 %:
-
As vendas de autotaxis ou autoturismos especiais destinados a ser utilizados para o transporte de persoas con discapacidade en cadeira de rodas, directamente ou previa a súa adaptación, e as vendas de vehículos destinados ao transporte de persoas con discapacidade en cadeiras de rodas ou con mobilidade reducida, con independencia de quen sexa o condutor dos mesmos, sempre que concorran os seguintes requisitos :
-
Que transcorresen polo menos 4 anos desde a matriculación doutro vehículo en análogas condicións. Non obstante, este requisito non se esixirá en supostos de sinistro total dos vehículos, debidamente acreditado.
-
Que non sexan obxecto dunha transmisión posterior por actos «inter vivo» durante o prazo dos catro anos seguintes á data da súa matriculación.
-
Que se obteña previamente a certificación de discapacidade do IMSERSO ou entidade xestora correspondente á Comunidade Autónoma que teña transferida a súa xestión.
Nestes casos requírese o previo recoñecemento Administración tributaria do dereito do adquirente antes de efectuar a compra do vehículo. Deberase xustificar o destino do vehículo.
-
-
As vendas de vehículos adaptados para persoas con mobilidade reducida (tara non superior a 350 kg e velocidade non superior a 45 km/h) e de cadeiras de rodas para uso exclusivo de persoas con discapacidade.
-
Os servizos de adaptación dos seguintes vehículos:
-
Autotaxis e autoturismos para o transporte de persoas con discapacidade en cadeiras de rodas.
-
Vehículos para o traslado habitual de persoas con discapacidade en cadeiras de rodas ou con mobilidade reducida, con independencia de quen sexa o condutor dos mesmos.
-
-
Os servizos de reparación de vehículos especiais para persoas con mobilidade reducida (tara non superior a 350 kg e velocidade non superior a 45 km/h) e cadeiras de rodas para uso exclusivo de persoas con discapacidade.
A reparación do resto dos vehículos tributa ao 21 %, aínda que estean destinados ao transporte de persoas con discapacidade ou con mobilidade reducida.
Serán admisibles os seguintes medios de proba:
-
A titularidade do vehículo a nome da persoa con discapacidade.
-
Que o adquirente sexa cónxuxe da persoa con discapacidade ou teña unha relación de parentesco en liña directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive.
-
Que o adquirente estea inscrito como parella de feito da persoa con discapacidade no Rexistro de parellas ou unións de feito da Comunidade Autónoma de residencia.
-
Que o adquirente teña a condición de titor, representante legal ou gardador de feito da persoa con discapacidade.
-
Que o adquirente demostre a convivencia coa persoa con discapacidade mediante certificado de empadroamento ou por ter o domicilio fiscal na mesma vivenda.
Para os efectos da aplicación do tipo do 4 %de IVE na compra dun vehículo, a mobilidade reducida deberase acreditar mediante certificado ou resolución expedida polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou órgano competente da Comunidade Autónoma correspondente.
Consideraranse, en todo caso, persoas con mobilidade reducida:
- As persoas cegas ou con deficiencia visual e, en todo caso, as afiliadas á Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) que acrediten a súa pertenza á mesma mediante o correspondente certificado.
-
Os titulares da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade emitida polas Corporacións Locais ou, se é o caso, polas Comunidades Autónomas, quen, en todo caso, deberán contar co certificado ou resolución expedida polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou órgano competente da Comunidade Autónoma correspondente, acreditativo da mobilidade reducida.
Para facer a solicitude e achegar a documentación entra na seguinte ligazón:
Recoñecemento do dereito