Requisitos para actuar como entidade colaboradora na xestión recadadora
Condicións que debe cumprir unha entidade de crédito para ser entidade colaboradora
Para que unha Entidade de crédito poida actuar como colaboradora na xestión recadadora estatal ten que ser debidamente autorizada pola persoa titular do Departamento de Recadación da Axencia Tributaria.
Para iso, desde un punto de vista meramente formal, o protocolo para solicitar esa autorización encóntrase no apartado primeiro da Instrución 1/2008, da Dirección Xeral da Axencia Tributaria (consulta a instrución no apartado Normativa)
A verificación de que a Entidade solicitante se encontra en condicións de cumprir estritamente coa normativa que regula o servizo de colaboración implicará, en particular, o cumprimento dos seguintes requirimentos:
-
Regulamento Xeral de Recadación (RD 939/2005, do 29 de xullo). Os preceptos relacionados co servizo de colaboración pode encontrase no Capítulo II do Título I.
-
Orde EHA/ 2027/2007, do 28 de xuño, pola que se desenvolve parcialmente o Real decreto 939/2005, do 29 de xuño polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, en relación coas Entidades de Crédito que prestan o servizo de colaboración na xestión recadadora da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
-
Orde EHA/1658/2009, do 12 de xuño, pola que se establecen o procedemento e as condicións para a domiciliación do pagamento de determinadas débedas cuxa xestión ten atribuída a Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Antes de presentar formalmente a solicitude de autorización, a entidade de crédito interesada debe pórse en contacto co Departamento de Informática Tributaria para realizar as correspondentes probas técnicas que permitan comprobar que a devandita entidade ten os seus sistemas adaptados para dar total cumprimento ao que se establece nas normas anteriormente relacionadas.
O devandito contacto debe realizarse mediante correo electrónico á caixa de correo catentidades@correo.aeat.es