Navegación
Saltar índice da informaciónNavegación
A forma máis usual de navegación por esta nova Sede, será a de pulsar en calquera dos textos que aparecen en cor azul (en cor branca sobre fondo azul nalgunhas zonas, como a cabeceira, barra de menú ou Pé), tanto na propia páxina de inicio, como en calquera dos Temas / subtemas, bloques, compoñentes, paxinas informativas, etc. ao longo de todo o sitio web.
Esta estrutura da información, combinada cos compoñentes de “Xestións destacadas”, posibilita unha navegación moi simple, que permite acceder a aquelas xestións máis importantes e usadas en dous ou algúns casos tres niveis de navegación como máximo.
Cando se accede a algún tema de calquera dos bloques citados anteriormente, preséntase unha páxina a dúas columnas:
- A columna da Esquerda contén os temas que compoñen o bloque en cuestión, entre os cales figura con fondo azul o tema seleccionado, sendo posible cambiar de tema facilmente pulsando en calquera outro tema.
- A Columna da dereita contén, en primeiro lugar, o compoñente de xestións destacadas (se procede) que permitiría acceder a calquera das xestións máis usadas do tema, e de seguido a relación de subtemas, que poden seleccionarse pulsando en calquera deles .
Unha vez seleccionado un subtema, vólvese a presentar unha páxina a dúas columnas:
A columna da esquerda contén a relación de subtemas do tema previamente seleccionado, entre os cales figura con fondo azul o subtema seleccionado, sendo posible cambiar de subtema facilmente pulsando en calquera outro subtema.
A columna da dereita contén:
- O compoñente de “Xestións destacadas” se procede, o cal permite acceder rapidamente a calquera das xestións máis importantes ou usadas do subtema.
- Apartado de “Información”, se procede, o cal estará formado por unha ou varias páxinas con información acerca do subtema en cuestión, as súas xestións, etc.
Existen dous tipos de páxinas informativas:
- Sinxela: Composta por unha única páxina coa información correspondente. Exemplo de páxina informativa “sinxela ”:
- Múltiple ou paxinada: Composta por varias páxinas, dotadas dun índice que permite acceder directamente a calquera delas . Exemplo de páxina informativa “Múltiple ou paxinada ”:
En ambos os dous casos, estas páxinas constan tamén de dúas columnas: A columna esquerda que contén a información en si mesma, e a columna dereita en que poden figurar compoñentes de xestións destacadas, contido relacionado, normativa, etc.
- Apartado “Axuda”, se procede, o cal pode estar composto por un ou varios documentos (Word, pdf, etc.) con Información máis detallada sobre o tema/subtema en cuestión.
- Apartado “Contido relacionado”, se procede, o cal contén ligazóns a contidos situados noutros semas ou subtemas da sede, pero que ten algún tipo de relación co subtema en cuestión.
- Apartado “Normativo”, se procede, o cal contén a relación de Normativas sobre o tema/subtema en cuestión.
- Apartado “Preguntas frecuentes”, se procede, o cal contén unha relación de preguntas frecuentes relacionadas co tema/subtema en cuestión.En xeral, este compoñente, aso de existir, tamén sairá pregado.
En xeral, estes tres últimos apartados preséntanse pregados, a fin de non “lixar” as páxinas con demasiada información, pero son facilmente desdobrables/pregables pulsando nas flechitas verticais da parte dereita do compoñente.