Aplicación web de consulta
O produto “Anuario Estatístico” pon á túa disposición unha aplicación web que che permite definir e construír as túas propias táboas, realizar gráficos a partir desas táboas e realizar exportacións dos datos a Excel ou formato CSV para poder integraro nos teus propios estudos.
Os datos estatísticos que se difunden mediante esta aplicación corresponden a IRPF, Patrimonio, Sociedades, IVE e Mercado de traballo; e a súa principal novidade radica no cambio de filosofía da produción estatística desde unha perspectiva estática e anual por modelo a unha dinámica e plurianual de varios modelos, proporcionando un catálogo de variables económicas agregadas, e unhas variables de clasificación común aos diferentes impostos.
Os datos que se mostran son datos das principais magnitudes publicadas nas estatísticas anuais difundidas nesta páxina web, agrupados por ano e xa sometidos a tratamento de segredo estatístico.
Para profundar máis no contido desta nova aplicación, recomendámosche ler a nota de presentación do apartado "Documentación".
Próximas publicacións:
- 2025 (modelo 100 correspondente a 2023)