Notas informativas
Breve información aclaratoria sobre a presentación de determinadas informativas.
Modelos 159 e 238. Recordatoria identificación de bens inmobles
Lémbrase a necesidade dunha correcta identificación dos bens inmobles nas seguintes declaracións informativas:
MODELO 159 – Declaración Informativa. Declaración Anual de consumo de enerxía eléctrica.
Con respecto ao modelo 159, lémbrase para estes fins, a importancia de:
-
Identificación do código do municipio en que se sitúe o inmoble.
O artigo 38 do Real decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, establece que existe obriga de que a referencia catastral dos bens inmobles, conste nos contratos de enerxía eléctrica.
MODELO 238 – Declaración Informativa para a comunicación de información por parte de operadores de plataformas.
Respecto de cada vendedor suxeito a comunicación de información que levase a cabo unha actividade pertinente que comporte o arrendamento de bens inmobles, informarase de:
-
Enderezo e NÚMERO DE REFERENCIA CATASTRAL ou equivalente, se se coñecese.