Novidades da campaña por modelo
Detallámosche os modelos que sufriron modificacións para esta campaña.
Modelo 198. Declaración Informativa. Declaración anual de operacións con activos financeiros e outros valores mobiliarios.
Coa finalidade de conseguir unha correcta declaración dos contratos financeiros por diferenza (CFD) prodúcense as seguintes modificacións no deseño de rexistro de tipo 2, rexistro do declarado:
-
Inclúese a clave número 5 no campo “CLAVE CÓDIGO”, que ocupa a posición 120, e que só pode utilizarse cando o campo “CLAVE DE VALOR” (posición 137 do rexistro de tipo 2) tome o valor “L. Contratos por diferenzas”,
-
Especifícase no campo “CÓDIGO EMISOR,” que ocupa as posicións 121-132, que para os valores identificados coa clave código número 5, débese reflectir o código empregado para a identificación dos devanditos valores.
OM HAC/1504/2024, do 26 de decembro.
Anterior Modelo 194. Declaración Informativa. Retencións e ingresos a conta do IRPF, IS e IRNR (establecementos permanentes) sobre rendementos do capital mobiliario e rendas derivadas da transmisión, amortización, reembolso, troco ou conversión de calquera clase de activos representativos da captación e utilización de capitais alleas. Resumo anual.Seguinte Modelo 234. Declaración de información de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal.