Saltar ao contido principal
Novidades de IAE

Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de xaneiro

147779 - TRABALLADOR SOCIAL

Un traballador social que, ten o título de graduado en Traballo Social e presta servizos como traballador social, debe darse de alta no grupo 776 da sección 2ª,-doutores e Licenciados en Ciencias Políticas e Sociais, Psicólogos, Antropólogos, Historiadores e similares-.

147789 - INFLUENCER PROFESIONAL

A actividade económica de influencer ou a creación de contido dixital ou a realización de fotografías e vídeos para publicaros na internet , na medida en que a devandita actividade se desenvolva por conta propia e de forma persoal, deberá clasificarse no grupo 869 da sección 2ª,-Outros profesionais relacionados coas actividades artísticas e culturais non clasificadas na sección terceira-.