Pagamento da débeda do Imposto sobre o Patrimonio
Infórmate das formas de pagamento
O pagamento da débeda tributaria resultante do imposto sobre o patrimonio poderá realizarse mediante cargo en conta, tarxeta de crédito ou débito en condicións de comercio electrónico, Bizum ou mediante domiciliación bancaria, nos mesmos termos que se prevén para o pagamento nunha soa vez no IRPF. Naqueles casos en que o contribuínte non efectúe o pagamento no momento da presentación da declaración, ao tratarse dun imposto cedido ás Comunidades Autónomas, a tramitación do importe que quede pendente de ingreso deberá realizarse polo contribuínte ante as CCAA correspondente á súa residencia habitual.