Quen están obrigados a presentar a declaración do Imposto sobre o Patrimonio (IP)?
Infórmate de se tes obriga de presentar declaración
Tes que presentar declaración do Imposto sobre o Patrimonio (persoas físicas por obriga persoal ou real) se estás nalgún destes supostos:
-
A túa cota tributaria, determinada de acordo coas normas reguladoras deste imposto, e unha vez aplicadas as deducións ou bonificacións que procedan, resulte a ingresar.
Para os efectos da aplicación do primeiro límite teñase en conta que se a base impoñible, determinada segundo as normas do imposto, é igual ou inferior ao mínimo exento establecido, ben con carácter xeral en 700.000 euros, ben no importe que en exercicio das súas competencias normativas sobre o citado mínimo exento aprobaron as Comunidades Autónomas para os seus residentes, non existirá obriga de declarar.
-
Cando, non dandose a anterior circunstancia, o valor dos teus bens ou dereitos, determinado de acordo coas normas reguladoras do imposto, resulte superior a 2.000.000 de euros.
Para os efectos da aplicación deste segundo límite, debes incluír todos os bens e dereitos da túa titularidade, estean ou non exentos do imposto, computados sen considerar as cargas e gravames que diminúan o valor dos mesmos, nin tampouco as débedas ou obrigas persoais de que deba responder o titular dos mesmos.