Provisións e outros gastos
Informámosche das consecuencias do BREXIT en provisións e outros gastos
O artigo 14 da LIS, que regula as provisións e gastos no seu apartado 2, establece en que casos serán deducibles os gastos relativos a retribucións ao persoal mediante sistemas de achega definida ou prestación definida a Plans e Fondos de Pensións. Neste sentido, considéranse deducibles as contribucións efectuadas polas empresas promotoras previstas na Directiva 2003/41/CE a fondos de pensións de emprego autorizado ou rexistrado noutro Estado membro, sempre que se cumpran determinados requisitos.
A partir do 1 de xaneiro de 2021 haberá que ter en conta que a realización de contribucións a fondos de pensións de emprego do Reino Unido, na medida en que, se se puidesen realizar achegas, ao tratarse dunha cuestión financeira, non se considerará gasto deducible.