Novidades de normativa 2024
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 9/2024, do 23 de decembro, polo que se adoptan medidas urxentes en materia económica, tributaria, de transporte, e de Seguridade Social, e prorróganse determinadas medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social
IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES
O artigo 7 do Real Decreto-lei 9/2024, do 23 de decembro, introduce a seguinte modificación na Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades:
- Prórroga da liberdade amortización regulada na disposición adicional décimo sétima da Lei 27/2014, do Imposto sobre Sociedades, “Liberdade de amortización en investimentos que utilicen enerxía procedente de fontes renovables”
Con efectos para os períodos impositivos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2025, modifícase a disposición adicional décimo sétima da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, polo artigo 7 do Real Decreto-lei 9/2024, para prorrogar en 2025 a liberdade de amortización en investimentos que utilicen enerxía procedente de fontes renovables, pola que os contribuíntes poderán amortizar libremente os investimentos efectuados en instalacións destinadas ao autoconsumo de enerxía eléctrica, así como aquelas instalacións para uso térmico de consumo propio, sempre que utilicen enerxía procedente de fontes renovables e substitúan instalacións que consumisen enerxía procedente de fontes non renovables fósiles, polo que a entrada en funcionamento dos referidos investimentos deberá realizarse en 2025.
O obxectivo desta medida é promover o desprazamento dos combustibles fósiles por enerxías renovables producidas de forma autóctona para contribuír á mellora da competitividade das empresas españolas, a loita contra o cambio climático e a mellora da seguridade enerxética do país.
(Modifícase a disposición adicional décimo sétima da Lei 27/2014 polo artigo 7 do Real Decreto-lei 9/2024)
Real Decreto-ley 9/2024, de 23 de diciembre,por el que se adoptan medidas urgentes en materia económica, tributaria, de transporte, y de Seguridad Social, y se prorrogan determinadas medidas para hacer frente a situaciones de vulnerabilidad social.