Novidades de normativa 2015
Saltar índice da informaciónOrde HAP/523/2015, do 25 de marzo, pola que se modifica a Orde EHA/1721/2011, do 16 de xuño, pola que se aproba o modelo 222 e a Orde HAP/2055/2012, do 28 de setembro, pola que se aproba o modelo 202.
Con data 27 de marzo publicouse no BOE a Orde ministerial HAP/523/2015, do 25 de marzo, pola que se aproban determinadas modificacións normativas:
1.- Modifícase a Orde EHA/1721/2011, do 16 de xuño, pola que se aproba o modelo 222 para efectuar os pagamentos fraccionados a conta do Imposto sobre Sociedades en réxime de consolidación fiscal, engadindo un novo artigo 6, que habilita os contribuíntes, sociedades dominantes ou entidades cabeceiras de grupos, como medio de pagamento a domiciliación bancaria na entidade de depósito que actúe como colaboradora na xestión recadadora (banco, caixa de aforro ou cooperativa de crédito), sita en territorio español en que se encontre aberta ao seu nome a conta en que se domicilia o pagamento.
2.- Substitúese o Anexo I da Orde EHA/1721/2011, do 16 de xuño, pola que se aproba o modelo 222 para efectuar os pagamentos fraccionados a conta do Imposto sobre Sociedades polo que figura como Anexo I da presente Orde.
A entrada en vigor deste Anexo, prodúcese o 1 de xaneiro de 2015 e será de aplicación para os períodos impositivos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2015.
A razón desta modificación débese á aprobación da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades e a consecuente necesidade de adaptar o modelo de pagamentos fraccionados á normativa en vigor.
3.- Substitúese o apartado 3 do artigo 1 da Orde HAP/2055/2012, do 28 de setembro, pola que se aproba o modelo 202 para efectuar os pagamentos fraccionados a conta do Imposto sobre Sociedades, xa que a Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, deixa de facer referencia ao volume de operacións calculadas conforme ao que se dispón no artigo 121 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre Valor Engadido, e agora fai referencia á cifra de negocios.
“A presentación do modelo 202 será obrigatoria para aqueles contribuíntes cuxo importe neto da cifra de negocios sexa superior a 6 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data en que se inicie o período impositivo ao que corresponda o pagamento fraccionado.”
4.- Substitúese o Anexo II da Orde HAP/2055/2012, do 28 de setembro, pola que se aproba o modelo 202 para efectuar os pagamentos fraccionados a conta do Imposto sobre Sociedades, polo que figura como Anexo II da presente Orde.
A entrada en vigor deste Anexo, prodúcese o 1 de xaneiro de 2015 e será de aplicación para os períodos impositivos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2015, coa excepción da parte 2 do devandito Anexo, cuxa entrada en vigor non se producirá ata o 1 de outubro de 2015.
A razón desta modificación débese á aprobación da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades e a consecuente necesidade de adaptar o modelo de pagamentos fraccionados á normativa en vigor.
5.- No referente á comunicación de datos adicionais (Parte 2 do anexo 1 e parte 2 do anexo 2), adaptouse o contido meramente informativo destes anexos á Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades. Non obstante, difírese a súa entrada en vigor ao 1 de outubro de 2015 coa finalidade de dispor de tempo suficiente parta adaptar as aplicacións informáticas que procesan a devandita información.
Orden HAP/523/2015, de 25 de marzo,por la que se modifica la Orden EHA/1721/2011, de 16 de junio, por la que se aprueba el modelo 222 para efectuar los pagos fraccionados a cuenta del Impuesto sobre Sociedades en régimen de consolidación fiscal estableciéndose las condiciones generales y el procedimiento para su presentación telemática y la Orden HAP/2055/2012, de 28 de septiembre, por la que se aprueba el modelo 202 para efectuar los pagos fraccionados a cuenta del Impuesto sobre Sociedades y del Impuesto sobre la Renta de no Residentes correspondiente a establecimientos permanentes y entidades en régimen de atribución de rentas constituidas en el extranjero con presencia en territorio español, y se establecen las condiciones generales y el procedimiento para su presentación telemática.