Información xeral
Obtén información sobre elementos básicos do imposto
Suxeitos pasivos
Son contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o apartado 4 do artigo 35 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, do 17 de decembro, que realicen o feito impoñible.
Son substitutos dos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o apartado 4 do artigo 35 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, do 17 de decembro, que sexan xestores dos vertedoiros, das instalacións de incineración ou coincineración de residuos, cando sexan distintas de que realizan o feito impoñible.