2.2. Cadro de persoal e orzamento
Para o cumprimento da súa misión, a Axencia Tributaria contaba, a 31 de decembro de 2016, cun cadro de persoal de 25.014 persoas (computandose tamén como efectivos os funcionarios da AEAT que ocupan posto de “funcionario en prácticas” (175) como consecuencia dos diversos procesos selectivos), un 1,63 por cento menos que en 2015, das que o 52,77 por cento son mulleres e o 47,23 por cento homes, cunha idade media de 51,53 anos (0,39 anos máis que en 2015).
A organización da Axencia Tributaria basea a súa xestión na alta especialización e cualificación dos profesionais que a integran, así como na utilización intensiva das novas tecnoloxías.
Nos cadros do Anexo que se enumeran a continuación, reflíctense as principais cifras relativas ao cadro de persoal da Axencia Tributaria:
Cadro nº 4. Cadro de persoal total (Anexo) Gráfico nº 5. Distribución entre Servizos centrais e Servizos territoriais 2015-2016 (Anexo) Gráfico nº 6. Distribución por áreas 2015-2016 (Anexo) Gráfico nº 7. Distribución por subgrupos 2015-2016 (Anexo) Gráfico nº 8. Distribución por sexos 2015-2016 (Anexo)O desenvolvemento da función de prevención e loita contra a fraude tributario e aduaneiro da Axencia Tributaria fundaméntase no traballo dos seus empregados. Confeccionouse un índice de desempeño para medir a achega, en termos medios, de cada empregado da Axencia Tributaria aos resultados da loita contra a fraude, é dicir, os euros obtidos na loita contra a fraude, de media, por cada empregado da Axencia Tributaria. Calcúlase a través da ratio Resultados/Persoal :
- No numerador inclúense os resultados recadadores obtidos cada ano na loita contra a fraude tributario e aduaneiro.
- No denominador inclúese o número total de empregados públicos da Axencia Tributaria a 31 de decembro de cada ano, excluídos os funcionarios en prácticas. Teñase en conta que, ademais da loita contra a fraude, a Axencia Tributaria ten entre os seus obxectivos a información e asistencia ao contribuínte, a xestión recadadora, aduanas e vixilancia aduaneira.
En 2016, cada empregado da Axencia Tributaria obtivo, de media, 599.189 euros na loita contra a fraude (non se inclúen os funcionarios en prácticas).
Datos e gráficos relacionados con esta cuestión encóntranse no seguinte cadro do Anexo:
Cadro nº 9. Índice de desempeño (Anexo)En 2016, a Axencia Tributaria contou cun orzamento de 1.370,6 millóns de euros. O gasto total ascendeu a 1.317,3 millóns de euros, un 3,2 por cento menos que en 2015. A causa desta variación foi o peche anticipado de 2016 que motivou a non execución dalgúns dos proxectos. De non ser por esta circunstancia, o nivel de gasto fose equivalente ao de 2015. A distribución por capítulos das obrigas recoñecidas móstrase no seguinte cadro do Anexo:
Cadro nº 10. Distribución do gasto por capítulos. Comparativa 2015-2016 (Anexo)