5.4. Foro de Empresas, Institucións e Entidades Públicas
O 20 de outubro de 2023, puxose en funcionamento o Foro de Empresas, Institucións e Entidades Públicas, como órgano de relación cooperativa entre a Axencia Tributaria e un grupo de 19 empresas e entidades públicas. A finalidade deste Foro é constituír unha vía de relación, baseado na confianza e a transparencia, que permita un mellor coñecemento da realidade das empresas públicas por parte das administracións tributarias. Desta maneira, avánzase na creación dun modelo preventivo que reduza as actuacións de comprobación e investigación tributaria.
No seo do Foro, creáronse ademais os seguintes grupos de traballo:
-
Análise da normativa tributaria e de medidas para a redución de cargas fiscais.
Este grupo de traballo, trata de buscar unha canle permanente de relación entre a Axencia Tributaria e as empresas públicas para que poidan trasladar as súas principais cuestións de natureza tributaria e aduaneira. Outro obxectivo que persegue este grupo de traballo, é a remisión ás empresas públicas das principais novidades lexislativas que se vaian producindo e recibir as iniciativas que vaian xurdindo de cara á redución das cargas fiscais indirectas.
-
Impulso da comunicación e relación cooperativa.
Este grupo de traballo, ten unha primeira tarefa que é acordar un Código de Boas Prácticas Tributarias. A outra finalidade do grupo de traballo, é establecer aqueles mecanismos que permitan recuperar e reforzar a importancia do público e o cumprimento das obrigas fiscais.