Saltar ao contido principal

Convenio entre a Axencia Tributaria e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía.

O convenio subscrito establece o marco xeral de colaboración entre a Axencia Tributaria e o IDAE, no referente ás condicións e procedementos polos que se debe rexer o intercambio recíproco de información.

A cesión de información procedente da Axencia Tributaria ao abeiro do artigo 95.1.k) da LGT ten como finalidade a colaboración co IDAE no desenvolvemento das súas funcións cando a normativa esixa a achega dunha certificación expedida pola Axencia Tributaria ou a presentación das declaracións tributarias dos interesados ou doutra comunicación emitida pola Axencia Tributaria. Adicionalmente, tamén cederá determinados datos agregados para facilitar o informe dos aforros enerxéticos imputables a medidas de tipo fiscal, segundo o contemplado na normativa europea.

A cesión de información procedente do IDAE, ao abeiro do que se dispón no artigo 94 da LGT , terá como finalidade poder prestar unha mellor asistencia aos contribuíntes nas campañas de renda en relación cos rendementos obtidos e as deducións establecidas en relación coa adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible, instalación de puntos de recarga e actuacións de rehabilitación enerxética, así como poder efectuar posteriormente o control sobre a súa aplicación.

O convenio enténdese sen prexuízo do intercambio de información que poida ter lugar entre a Axencia Tributaria e o IDAE conforme ao ordenamento xurídico en supostos distintos dos regulados polo mesmo.

Convenio entre a Axencia Tributaria e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía