Saltar ao contido principal

Desarticulada unha organización criminal dedicada ao tráfico internacional de cocaína a través de colectores de froita

  • Detidas doce persoas e intervido en Alxeciras un alixo de 1.450 quilos de cocaína oculta en caixas de iuca conxelada procedente de América do Sur

  • Oito rexistros en chalés de luxo e sedes das empresas investigadas en Sevilla e Elx, coa intervención doutras substancias estupefacientes, dúas armas, diñeiro en efectivo, teléfonos encriptados e inhibidores

3 de xaneiro de 2025.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, canda axentes de Policía Nacional e de Garda Civil, han desarticulado unha organización criminal internacional dedicada á introdución de grandes cantidades de cocaína a través dos portos de Alxeciras (Cádiz) e Valencia, no marco da operación "Lupus/Saim".

A investigación finalizou coa detención dos principais integrantes da organización, responsables da introdución de 1.450 quilos de cocaína oculta en caixas de iuca conxelada procedente de
América do Sur a través do porto de Alxeciras.

A investigación iniciouse o pasado mes de xullo, tras producirse o secuestro dunha persoa en Sevilla por membros da organización criminal investigada. Este feito permitiu identificar os responsables da organización e determinar o papel desenvolvido por cada un deles .

Froito das dilixencias de investigación identificouse a estrutura de empresas de froitas que utilizaba a organización para introducir a droga oculta polos portos de Alxeciras e Valencia.

Durante o pasado mes de novembro, procedeuse á inspección nos citados portos de varios colectores de froita importada pola organización criminal a través de empresas frutícolas con sedes en Sevilla e Alacant, lograndose o apresamento de 1.450 quilos de cocaína.

Tras a incautación da droga por parte dos investigadores, procedeuse á súa entrega controlada, establecendose un dispositivo de vixilancia que se iniciou no porto de Alxeciras e culminou coa detención de parte dos membros da organización cando pretendían proceder á descarga da mercadoría nunha nave propiedade das empresas investigadas, situada na localidade de Redován (Alacant).

Rexistros e efectos intervidos

Posteriormente, levouse cabo un amplo despregue policial para a execución de oito entrado e rexistros en varios chalés de luxo e domicilios dos detidos e nas sedes mercantís das empresas investigadas, concretamente cinco na provincia de Sevilla (nas localidades de Dos Hermanas, Guillena e Utrera), e outras tres en Elx (Alacant), intervindose outras substancias estupefacientes (metanfetamina, haxix e marihuana), máis de 20.000 euros en efectivo e 5.000 libras esterlinas. Ademais, recuperouse un vehículo subtraído e outros efectos utilizados comunmente por este tipo de organizacións como teléfonos encriptados, inhibidores, visor nocturno, pistola táser, pasamontañas, etc.


Froito da operación policial produciuse a detención de doce persoas ás que se lles imputan, entre outros, delitos de pertenza a organización criminal, tráfico de drogas, secuestro, lesións, e posesión ilícita de armas, decretandose por parte do Xulgado o ingreso en prisión de dez deles . A droga incautada acadase no mercado un valor superior aos 40 millóns de euros.

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):

https://we.tl/t-DGScsQO6Sd