Incautados 142 quilos de tabaco de contrabando e frustrada a instalación dunha fábrica clandestina en Pontevedra
-
Identificada unha persoa con antecedentes por contrabando de tabaco como presunto responsable
7 de febreiro de 2025.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e axentes da Policía Nacional, nunha operación conxunta, han incautado 142 quilos de tabaco de contrabando e as maquinarias e produtos necesarios para o establecemento dunha fábrica clandestina de tabaco en Pontevedra e identificaron unha persoa con antecedentes por contrabando de tabaco como presunto responsable.
A operación, denominada ‘Tempus-Shisha’, comezou a finais do pasado ano, cando os investigadores tiveron coñecemento dun envío clandestino de tabaco. Detrás do envío encontrábase unha persoa orixinaria de Ponte Caldelas, que xa fora investigada con anterioridade por actuacións ilícitas relativas ao contrabando.
Posteriormente, os axentes lograron localizar a nave en que estaba almacenado o tabaco, na localidade de Cerponzóns (Pontevedra). Tras a entrada na nave, os investigadores incautaron un total de 142 quilos de tabaco para fumar en pipa de auga, que terían un valor aproximado de 11.000 euros e que carecía dos estándares legais e sanitarios óptimos
Ademais, na nave interveuse unha gran cantidade de material, máquinas, produtos químicos e equipos industriais que presuntamente estarían destinados ao establecemento dunha fábrica clandestina de tabaco.
A efectos legais os produtos constituídos exclusivos ou parcialmente por substancias distintas do tabaco e destinadas a ser fumados, teñen a consideración de ‘tabaco para fumar’, estando incluídos no ámbito de aplicación do Imposto Especial sobre os Labores do Tabaco.
Polo tanto, as actuacións realizadas foron remitidas á Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais da Delegación Especial da Axencia Tributaria en Galicia para a incoación do correspondente procedemento sancionador por infracción administrativa de contrabando de tabaco. Ademais, identificouse a unha persoa domiciliada en Poio (Pontevedra), con antecedentes por contrabando de tabaco, como presunto responsable.
A operación foi desenvolvida conxuntamente por funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Galicia e polo Grupo UDEV-Delincuencia Itinerante de Pontevedra da Policía Nacional.
Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):