NOTA INFORMATIVA: Devolucións de IRPF 2019 a 2022 e anos anteriores non prescritos.
Nota informativa sobre a devolución a mutualistas de IRPF 2019 a 2022 e anos anteriores non prescritos, non acordadas con anterioridade ao 22 de decembro de 2024
De acordo co que se establece na DF 16ª da Lei 7/2024, as devolucións do IRPF dos exercicios 2019 a 2022 e anos anteriores non prescritos que resulten de aplicación da DT2 LIRPF poderanse solicitar mediante a presentación do novo formulario de solicitude de devolución que se publique na Sede electrónica da Axencia Tributaria a partir do 2 de abril.
Esta normativa deixou sen efectos as solicitudes (vía autoliquidación, solicitude de rectificación e / ou formulario) cuxa devolución non se acordase antes do 22 de decembro de 2024, aínda que a súa presentación, si interrompeu o prazo de prescrición.
As devolucións xa aboadas pola Axencia Tributaria non se ven afectadas.
AVISO IMPORTANTE: Non obstante, está previsto que se produza unha modificación normativa, de tal xeito que o formulario de solicitude que se presente permitirá obter en 2025 a devolución dos exercicios 2019 a 2022 e anos anteriores non prescritos.