Novidades de normativa 2022
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades tributarias introducidas pola Lei 12/2022, do 30 de xuño, de regulación para o impulso dos plans de pensións de emprego, pola que se modifica o texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto Lexislativo 1/2002, do 29 de novembro
Ley 12/2022, de 30 de junio,de regulación para el impulso de los planes de pensiones de empleo, por la que se modifica el texto refundido de la Ley de Regulación de los Planes y Fondos de Pensiones, aprobado por Real Decreto Legislativo 1/2002, de 29 de noviembre.
IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS
-
Novos límites de redución na base impoñible das achegas e contribucións a sistemas de previsión social.
Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2023, como límite máximo conxunto para as achegas ou contribucións a sistemas de previsión social, aplicarase a menor das cantidades seguintes:
-
O 30% da suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas percibidos individualmente no exercicio.
-
1.500 euros anuais.
Este límite incrementarase nos seguintes supostos, nas contías que se indican:
-
En 8.500 euros anuais, sempre que tal incremento proveña de contribucións empresariais, ou de achegas do traballador ao mesmo instrumento de previsión social por importe igual ou inferior ao resultado de aplicar á respectiva contribución empresarial os seguintes coeficientes:
Importe anual da contribución Coeficiente Igual ou inferior a 500 euros 2,5 Entre 500,01 e 1.000 euros 2 Entre 1.000,01 e 1.500 euros 1,5 Máis de 1.500 euros 1 En todo caso aplicarase o coeficiente 1 cando o traballador obteña no exercicio rendementos íntegros do traballo superior a 60.000 euros procedentes da empresa que realiza a contribución.
Con esta finalidade, as cantidades achegadas pola empresa que deriven dunha decisión do traballador terán a consideración de achegas do traballador.
-
En 4.250 euros anuais, sempre que tal incremento proveña de:
- achegas aos plans de pensións de emprego simplificado de traballadores por conta propia ou autónomos;
- ou de achegas propias que o empresario individual ou o profesional realice a plans de pensións de emprego, de que sexa promotor e, ademais, partícipe ou a Mutualidades de Previsión Social de que sexa mutualista, así como as que realice a plans de previsión social empresarial ou seguros colectivos de dependencia de que, pola súa parte, sexa tomador e asegurado.
En todo caso, a contía máxima de redución por aplicación dos incrementos previstos nos números 1 e 2 anteriores será de 8.500 euros anuais.
Ademais, mánténse o límite de 5.000 euros anuais para as primas a seguros colectivos de dependencia satisfeita pola empresa que xa existía con anterioridade.
-
-
Modifícase a Disposición adicional décimo sexta para adaptar os límites financeiros das contribucións e achegas aos sistemas de previsión social aos novos límites do artigo 52 da LIRPF.
-
Aos produtos paneuropeos de pensións individuais regulados no Regulamento (UE ) 2019/1238 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativo a un produto paneuropeo de pensións individuais, serálles de aplicación neste Imposto o tratamento que corresponda aos plans de pensións.