Novidades de normativa 2024
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades Orde HAC/1347/2024, do 28 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2025 o método de estimación obxectiva do imposto sobre a renda das persoas físicas e o réxime especial simplificado do imposto sobre o valor engadido (BOE do 30 de novembro de 2024)
IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS
Para o exercicio 2025:
- Mantéñense a contía dos signos, índices ou módulos, así como as instrucións de aplicación, coa excepción do cambio que se produce na tributación da actividade de «produción do mexillón en batea», que pasa do anexo II ao anexo I (actividades agrícolas, gandeiras e forestais).
- Mantéñense os índices de rendemento neto aplicables por determinadas actividades agrícolas en substitución dos establecidos no anexo I da orde (disposición adicional segunda ):
- Uva de mesa. 0,32
- Flores e plantas ornamentais. 0,32
- 0,26
- Como en anos anteriores, establécese na disposición adicional primeira unha redución do 5 por cento sobre o rendemento neto de módulos aplicables a todos os contribuíntes que determinen o rendemento neto da súa actividade económica de acordo co método de estimación obxectiva. Esta redución tera en contase para cuantificar o rendemento neto a efecto dos pagamentos fraccionados.
- Novidade : No cómputo da magnitude excluínte baseada no volume de ingresos para o conxunto de actividades agrícolas, forestais e gandeiras elimínase a compensación do réxime especial da agricultura, gandaría e pesca do Imposto sobre o Valor Engadido (artigo 3 ).
- Os contribuíntes que desexen renunciar ou revogar a súa renuncia para o ano 2025 porán exercitar a devandita opción durante o mes de decembro do ano 2024. Tamén se entenderá efectuada cando se presente no prazo regulamentario (1 ao 21 de abril de 2025) a declaración correspondente ao pagamento fraccionado do primeiro trimestre do ano 2025 (artigo 5 ).
Incorporación da redución pola DANA para 2024:
A disposición adicional quinta da Orde incorpora a redución adicional do rendemento neto e do último pagamento fraccionado regulada no artigo 11 do Real Decreto-lei 7/2024, do 11 de novembro para actividades económicas desenvolvidas nos termos municipais afectados pola DANA a que se refire o anexo do Real Decreto-lei 6/2024, do 5 de novembro, polo que se adoptan medidas urxentes de resposta ante os danos causados pola DANA en diferentes municipios entre o 28 de outubro e o 4 de novembro de 2024:
- A redución do 25 por cento do rendemento neto de módulos de 2024 obtido por contribuíntes que desenvolvan actividades de acordo co método de estimación obxectiva nos municipios afectados pola DANA .
- Para a determinación do pagamento fraccionado correspondente ao último trimestre de 2024 o rendemento neto reducirase na parte proporcional que corresponda ás actividades desenvolvidas nos municipios afectados pola DANA .
por la que se desarrollan para el año 2025 el método de estimación objetiva del impuesto sobre la renta de las personas físicas y el régimen especial simplificado del impuesto sobre el valor añadido.