Novidades de normativa 2021
Saltar índice da informaciónReal Decreto-lei 12/2021, do 24 de xuño, pola que se establece a aplicación do tipo impositivo do 10 por cento do IVE
Real Decreto-ley 12/2021, de 24 de junio,por el que se adoptan medidas urgentes en el ámbito de la fiscalidad energética y en materia de generación de energía, y sobre gestión del canon de regulación y de la tarifa de utilización del agua.
Con data 25 de xuño publícase no BOE o Real Decreto-lei 12/2021, do 24 de xuño, polo que, con efectos desde a entrada en vigor o 26 de xuño ata o 31 de decembro de 2021, aplicarase o tipo do 10 por cento do IVE ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de enerxía eléctrica efectuadas a favor de:
a) Titulares de contratos de subministración de electricidade, cuxa potencia contratada (termo fixo de potencia) sexa inferior a 10 kW, cando o prezo medio aritmético do mercado diario correspondente ao último mes natural anterior ao do último día do período de facturación superase os 45 €/MWh.
b) Titulares de contratos de subministración de electricidade que sexan perceptores do bono social de electricidade e teñan recoñecida a condición de vulnerable severo ou vulnerable severo en risco de exclusión social, de conformidade co que se establece no Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outro medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica.