Sectores diferenciados
Como calcular o IVE deducible se tes varias actividades
En caso de levar a cabo vario actividades debes determinar se existen o que se denomina “sectores diferenciados” porque nese caso debes aplicar o réxime de dedución de forma separada.
Para determinar se as actividades económicas son diferentes:
-
Hai que coñecer o grupo asignado (os 3 primeiros díxitos) na Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009).
Se pertencen a grupos diferentes, considéranse actividades diferentes. Non se considera distinta a actividade accesoria a outra cando, no ano precedente, o seu volume de operacións non excedese do 15 por 100 do desta última e, ademais, contribúa á súa realización. As actividades accesorias seguen o mesmo réxime que as actividades de que dependan. Se non se exerceu a actividade accesoria o ano anterior, deberase facer unha previsión razoable destas operacións, e se é o caso, regularizar unha vez coñecido o seu volume.
-
Determinar o réxime de dedución. Os réximes de dedución son distintos se entre as porcentaxes de dedución (pro rata) aplicables á actividade principal (actividade con maior volume de operacións o ano anterior) e os aplicables ás actividades que sexan distintas da principal, hai unha diferenza de máis de 50 puntos porcentuais.
-
A actividade principal, coas actividades accesorias á mesma e as actividades económicas distintas, cuxos porcentaxes de dedución non diferisen en máis 50 puntos porcentuais co daquela constituirán un só sector diferenciado.
-
As actividades distintas da principal cuxos porcentaxes de dedución diferisen en máis de 50 puntos porcentuais co desta constituirán outro sector diferenciado do principal .
-
Ademais, sempre constitúen sectores diferenciados as seguintes:
-
As actividades acollidas aos réximes especiais simplificados, a agricultura, gandaría e pesca, das operacións con ouro de investimento ou da recarga de equivalencia.
-
As operacións de arrendamento financeiro (DÁ 3ª da Lei 10/2014).
-
As operacións de cesión de créditos ou préstamos (agás "factoring").
-
-