Réxime especial da recarga de equivalencia
Saltar índice da informaciónObrigas de facturación
-
Non existe obriga de expedir factura polas vendas realizadas, agás nas entregas de inmobles suxeitas e non exentas ao IVE (agás as efectuadas en execución de garantía), cando o destinatario sexa un empresario ou profesional ou un particular que esixa factura para exercer un dereito de natureza tributaria, nas entregas a outro estado membro, nas exportacións e cando o destinatario sexa a Administración Pública ou unha persoa xurídica que non actúe como empresario ou profesional.
Non obstante, os empresarios ou profesionais poderán expedir factura simplificada e copia desta cando o seu importe non exceda de 3.000 euros, IVE incluído, nas vendas polo miúdo. Con esta finalidade, terán a consideración de vendas polo miúdo as entregas de bens mobles corporais ou semoventes en que o destinatario da operación non actúe como empresario ou profesional, senón como consumidor final daqueles . Non se reputarán vendas polo miúdo as que teñan por obxecto bens que, polas súas características obxectivas, envasado, presentación ou estado de conservación, sexan principalmente de utilización empresarial ou profesional.
-
Os empresarios ou profesionais que efectúen entregas de bens en que deba repercutirse a recarga de equivalencia deberán, en todo caso, expedir facturas separadas para documentar as devanditas entregas, consignando nelas o tipo da recarga que se aplicase e o seu importe.
- Os comerciantes retallistas que realicen simultaneamente actividades empresariais ou profesionais noutros sectores da actividade empresarial ou profesional, deberán ter documentadas en facturas diferentes as adquisicións de mercadorías destinadas respectivamente ás actividades incluídas no devandito réxime e ao resto de actividades.